Nestes últimos cursos no club As catro esquinas do Quinto compartimos moitas lecturas, emocións e reflexións, mais tamén organizamos actividades que nos fixeron vivir os libros máis aló das páxinas: encontros con autores, obradoiros creativos, debates e algunha saída especial.
Dende a biblioteca queremos amosar o noso agradecemento tanto ao alumnado como ao profesorado que impulsa estas actividades.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra visual dos momentos compartidos nesta recta final do curso.
![]() |
Última xuntanza do Club o pasado 6 de xuño cos usuarios de Aixiña arredor da obra La Trenza, de Laetitia Colombani. Tras o debate houbo sesión de cine coa película baseada na novela. |
![]() |
Acudimos o pasado 13 de xuño á última sesión das Tertulias Literarias do Concello de Ourense. Debatemos arredor da obra La mala costumbre , de Alana S. Portero |